Canal RSS

Archivo de la categoría: O demo asoballado (por Evelino)

III – Solpor

Posted on

 

Novo mencer axustado.

O can voltou a vila.

Acólleo o vertedoiro

coma un flor aberta.

 

 

O coitelo arrente 

debuxando un rumbo errado, 

docemente previsíbel.

 

Alumeamento órfico.

Magas, corazón e fume.

 

Machada contra a cadea

caindo con toda no solpor.

 

Sempre aqui.

Baixa visibilidade.

 

Sempre docemente previsíbel,

os ventos como aliados

mais enliortados entre eles.

II – No chan, sentindo a cheminea

Posted on

Son o can orballado,
seu can no chan dourado,
e misteriosamente estou vivo.

Os seus tacóns en min chantados,
na Dor mística do charol,
na comunión insólita co lume.

O lume

De agasallo unha penitencia,
todos os crocodrilos da esfera
comendo pernas,
(as miñas, sí)
todas elas.

O buraco

O fin do Buraco xa está
chegando coa musicalidade do coiro
e das pálpebras nos beizos batendo.

Amo o ferro apaixoadao,
o Seu.

I – No chan, ouvindo os seus tacóns

Posted on

Fóra todo é xélido,
un inferno de lama e merda
que non quero coñecer
porque non hai espranzas certas,
nen acougo, nen desacougo.

Que lonxe soan as campás da cidade,
que lonxe quedou a besta durminte.

Fóra da o flash da guillotina
do Pai creador que non crea ren;
tullidas as ás, privadas de ar.
Non hai tempo para as cousas doadas
Non hai tempo para xogar.

Fico no chan dourado
e oio os tacóns.

Chegan diretamente canda min.

A corda apresa todo o que de min foi bó,
a mordaza esmágame un pranto posíbel
da necesidade de non ver nada.

Percibo o L’Eau D’Issey de preto,
e non sei se estou calmo ou tenso,
non sei si ela será bóa para min
e si eu lle serei de utilidade.

Rabuñazo nas costas que dóe
mais, Fóra é madeira nova do cadaleito
cheirando a sobriedade no sepulcro.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.